Coñeces Viravolta Títeres?

Coñeces Viravolta Títeres?

Hoxe conversamos con Viravolta Títeres, o grupo de animación e espectáculos que estivo compartindo con nós as tardes dos Sábados en A Laxe, enchendo o Centro Comercial de maxia e fantasía.

  • A qué se dedica fundamentalmente o Grupo Viravolta?
  • Viravolta somos unha compañía de marionetas, pero ademáis da produción e distribución de espectáculos, xestionamos o Museo Galego da Marioneta e  realizamos outras actividades a través de Viravolta Enredos: programacións (como  Había una vez na Laxe que acaba de rematar) obradoiros, cursos, exposicións…
  • Canto tempo levades en activo?
  • Levamos en activo desde 1982, somos unha das compañías máis antigas de Galicia.
  • Se tivérades que descrivirvos cunha soa palabra, cál sería?
  • Mmmm… difícil, somos de moito parrafeo.
  • Qué é o mellor do voso traballo?
  • É difícil  categorizar.  En conxunto este traballo , por fortuna, atravesa sempre por pasos, estadíos que son o mellor.
  • Amades o que facedes?
  • O teatro, no sentido máis amplo que ten a palabra, engancha e produce adición. A través da marioneta, títere, bunraku, obxecto… expresamos, dicimos, contamos etc. o que fomos e o que somos.
  • Tendes algún espectáculo favorito ou que destacaríades sobre os demáis?
  • É Imposible destacar uns espéctaculos sobre outros. O universo deste teatro é infinito na súa temática, na súa plástica e dramaturxia. Pero queremos sinalar un proxecto moi querido por Viravolta e que compartimos con outros profesionais e particulares, a reivindicación da marioneta popular, do títere de cachaporra; e concretamente do noso títere popular, Barriga Verde.
  • A qué tipo de público están dirixidos os vosos espectáculos?
  • A maioría dos nosos espectáculos están dirixidos a público familiar. Aínda que de distinta forman gozan deles tanto pequenos como maiores.
  • Qué sensacións transmiten as vosas obras?
  • En palabras dos máis cativos, “un subidón”.

 

Pequenas preguntas para coñecervos máis en profundidade:

  • Unha cor: o vermello, é a nosa cor.
  • Unha flor: máis que flor, gustamos da nosa flora.
  • Un cheiro: o café da mañá que tan ben nos presta.
  • Un lugar: Lalín, e por extensión, Galicia.
  • Un recordo: Don Florete e Furabolos. Os nosos Don Quijote e Sancho Panza particulares de As Ventureiras Fazañas de Don Florete de Rocamonte e seu vasalo Furabolos, primeira montaxe que fixemos no século pasado.
  • A vosa maior paixón: a marioneta.
  • Un consello: Achegarse ao teatro, á literatura, á música … Non morden!
  • ¿Un desexo para o que resta de 2016? Un mundo máis xusto non estaría mal… e que baixen o IVE do teatro!

 

Share on FacebookShare on Google+Tweet about this on TwitterShare on LinkedIn

Leave a Reply