Dirección:
Cánovas del Castillo, 1 CP 36202 – VIGO
Horario
ZONA COMERCIAL
10:00H – 22:00H
RESTAURACIÓN
Domingo a Xoves: 10:00H – 23:30H
Venres, Sábado, Véspera festivos: 10:00H – 01:00H
APARCADOIRO (HORARIO APERTURA)
De Luns a Venres: 07:15H
Sábado, Domingo e festivos: 08:45H
APARCADOIRO (HORARIO PECHE)
Domingo a Xoves: 23:30H
Venres, Sábado, véspera festivo: 01:00H
UNHA OFERTA ÚNICA Á BEIRA DO MAR
O Centro Comercial A Laxe abre as súas portas no ano 2008 con 13.200 m2 que albergan tres plantas comerciais, dúas plantas de aparcadoiro subterráneo e unha planta superior de terraza-miradoiro.
Situado sobre a Ría de Vigo, conta cunhas espectaculares vistas e unha localización inmellorable, dividido por unha gran pasarela peonil que serve de ligazón entre o porto pesqueiro de Vigo e o centro histórico da cidade. As augas do Atlántico e as maxestuosas postas de sol que enmarcan A Laxe converten a este centro comercial nun lugar único e especial.
O Centro Comercial A Laxe érguese en pleno centro metropolitano sobre unha espectacular arquitectura, obra de Francisco Javier Saenz de Oiza, premio Príncipe de Asturias e un dos arquitectos españois máis relevantes na actualidade. Ademais poderás contemplar os incribles cruceiros que atracan ás portas do centro, que supoñen todo un espectáculo para a vista.
Promovido polo Consorcio da Zona Franca de Vigo, no noso centro atoparás unha ampla oferta comercial e de lecer, que xunto ao seu céntrico emprazamento e as súas espectaculares vistas sobre a ría, fan que A LAaxe atraia a xente de toda Galicia e do Norte de Portugal.
INSTALACIÓNS CON TODAS AS FACILIDADES